Proximamente no Exército Mekemeke proximamente. Somos o programa cuxo contido nunca acaba por chegar ou se converte nunha idea perdida no chan do cuarto dun adolescente. Cheira xa a verán e achegámonos ao inevitábel final de tempada e a tristura comeza a pegarse a nós como unha segunda sombra, mais aquí estamos para rir ou para recomendar cousas e Carlos trae unha listaxe cunha serie de podcast galegos, moi ben elixidos, polos que merece a pena pararse un ratiño a escoitalos. Cada vez bailamos mellor, iso é tan certo como que tamén preparamos menos as seccións, e Miguel e un claro exemplo disto, empezou con PDFs de 20 páxinas, vítima do medo e do pánico escénico, a agora esbáralle completamente todo, por iso trae un popurrí de curiosidades cinéfilas co seu prólogo e o seu epílogo que seguro encantará e horrorizará a partes iguais. Por outra banda, Xubi comprométese pechar o programa facendo un turbotop legal a normativa vixente relacionado co seu gran e esperado tema de hoxe: os detectores metálicos, que están tan de modiña como facer podcast.