#12 | Golpe de Estado

Programa especial no que Xubi, nunha xogada mestra de auténtico mekemeke e aproveitando a ausencia no estudo de Carlos, deu un golpe de estado e fíxose co poder absoluto do programa, algo que non empeza moi ben mais que acaba algo mellor. Así, Miguel e Xubi intentan saír do paso e cubrir os primeiros 30 minutazos de programa nun suposto “turbotop“ sobre dobraxes históricos en castelán no mundo dos videoxogos, cousa que ao final, como non podia ser doutra maneira, de turbo non tivo nada de nada. Miguel cumpre coa súa sección e tráenos un particular filme de animación de Netflix chamado O cumio dos deuses, que lle serve de escusa para falar un pouco sobre o cine de alpinismo ambientado nas montañas máis desafiantes da terra. Pecha o programa Xubi co rico e extravagante universo dos souvenirs, porque, quen non mercou algunha vez na súa vida algún para atestiguar a súa viaxe ou fixo acopio deles para satisfacer unha necesidade dalgún amigo ou familiar que che pide que lle traias algunha cousa. Volveremos ver a Carlos conducir de novo ao Exército Mekemeke? Préstalle atención aos vindeiros programas.
Back to Top